Depuración de augas

 

O problema

Nos últimos anos, e debido ao fenómeno do Cambio Climático, estase fomentando o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respectuosos co medio ambiente.

Sedaqua nace neste contexto e presenta un tratamento de depuración de augas mediante os humidais artificiais para pequenas poboacións e industrias. A idea xorde como consecuencia das experiencias realizadas polo Grupo de Investigación de Enxeñaría Química Ambiental da Universidade de A Coruña (UDC).

Outras solucións no mercado

Os sistemas convencionais doutras empresas que se aplican en bodegas adoitan ser lodos activados, aireación prolongada ou reactores SBR (Sequecial Batch Reactor), entre outros. Estes sistemas consomen moita enerxía e necesitan persoal especializado para o mantemento e operación das plantas depuradoras, o que encarece e dificulta a depuración das augas. Ademais, son menos flexibles que os humidais construídos á hora de adaptarse ás grandes variacións de caudal e contaminación que teñen lugar durante a vendima, tanto estacional como diariamente.

Por outro lado, o alto contido de compostos biodegradables nos sistemas biolóxicos conduce a dificultades na operación, por exemplo a baixa sedimentabilidade do lodo, a desintegración dos flóculos ou o incremento da presenza de sólidos no efluente tratado.

Por que Sedaqua

Sedaqua ten realizado diversos proxectos a escala piloto e real desde 2002, obtendo uns resultados moi satisfactorios en depuración e competitividade económica. Así, Sedaqua nace coma unha Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) da UDC e conta con 8 anos de experiencia en depuración natural e sostible. Contamos con expertos de referencia a nivel nacional e internacional que avalan a idoneidade dos humidais construídos.

A solución aportada por Sedaqua pode chegar a supor un aforro superior ao 50% no investimento inicial do proxecto, á vez que brinda ao usuario un mantemento sinxelo e de baixo custe comparado con outras solucións convencionais. Tamén cabe destacar deste sistema o seu impacto paisaxístico positivo e a ausencia de olores xerados na depuración, debido a que a auga residual está debaixo da grava e non toma contacto co aire.